top of page
ALBAMAR O PEREIRO.png
Albamar Finca O Pereiro  2022
 

Albamar O Pereiro é un viño branco monovarietal Albariño sobre lías elaborado pola adega galega Albamar na D.O. Rías Baixas.

Este viño nace nunha parcela de chans arcillosos ubicada preto do mar en Castrelo (Pontevedra). Sete mil metros cadrados dun viñedo prantado en 2004 polo pai de Xurxo no que se imparte unha viticultura sostible.

 
Na adega, a uva é seleccionada e prensada con raspón cuidadosamente. O mosto obtido fermenta de xeito espontáneo con levaduras autóctonas e repousa sobre as lías durante cinco meses.

 

Cun mazarico na etiqueta, un ave que acostuma sobrevoar o viñedo, Albamar O Pereiro é un albariño de finca de gran afluencia atlántica que fai honra a tan grato lugar.

bottom of page