top of page
TRICO.png
Tricó 2016

Tricó é un viño branco da D.O. Rías Baixas elaborado pola Compañía de Viño Tricó. Esta adega topase no municipio de Salvaterra de Miño (Pontevedra) e é o derradeiro proxecto de José Antonio López, fundador de Morgadío e de Lusco do Miño.

Tricó está 100% elaborado a partir da variedade Albariño. As uvas proveñen dun pequeno viñedo de cinco hectáreas onde as viñas se cultivan a partir de métodos ecolóxicos, procurando intervir o menos posible no seu desenvolvemento.


Despois dunha vinificación tradicional, Tricó pasa unha crianza de 12 meses en depósitos de aceiro inoxidable.

bottom of page