
Casa Gaibor
ORIXES




1950
Remataba 1950 cando José, quen acabaría sendo coñecido como Señor Gaibor, e María, alugaban unha pequena casiña de pedra no camiño da feira a onde trasladar a súa pequena taberna, que anos antes abrira ás aforas do pobo, recén chegados de Mariz. Eran tempos de escasez nos que defenderon o seu negocio vendendo principalmente viño e bocadillos de sardiña en lata.


José deseguida enviuvou tendo que coidar só ó seu único fillo namentras sacaba adiante o seu local, que tamén era a súa casa. En 1969, Toñito casou con Pili, para poñerse ó frente do negocio. Comezaba así unha etapa na que a compra e posterior reforma do establecemento, permitiu que aquela pequena taberna se convertera en casa de comidas, onde os pratos tradicionais máis representativos da nosa gastronomía conformaban a súa carta, conservándose moitos deles a día de hoxe.
